31 de mayo y 1 de junio
Benqueridas familias:
O Colexio novamente participa na Feira da Miniciencia chamada PONTENCIENCIA organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración co Ministerio de Economía, industria y competitividad; La Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e a Universidade de Vigo. Esta é unha feira de proxectos de investigación escolar na que participarán os nosos/as alumnos/as de 6º de Primaria e de ESO.
Concretamente fixeron as seguintes investigacións de 6º de Primaria:
- Cambia as túas mañás
- As sementes bailarinas
- Zumbeando Palabras
Ademáis da categoría para o alumnado tamén hai unha modalidade chamada Ciencia Familia na que participan 4 familias do noso centro.
Tamén participan 10 alumnos/as de ESO coas seguintes investigacións:
- Estudo da Cantidade de Potasio nos plátanos de variedades comerciais
- A velocidade no envío das mensaxes con distintas aplicacións móbiles
- Que flota máis?
- Experimentando coa Electricidade
- Contaminación Acústica na Aula
Noraboa polo traballo feito a todos/as!!
Estos proxectos escolares exporanse ante o xurado de PONTENCIENCIA o vindeiro venres, día 31 pola mañán, e a feira permanecerá aberta ao público en xeral co seguinte horario:
Venres día 31, de 16:30 a 19:30 horas
Sábado día 1, de 10:30 a 14:00 horas
Estas Xornadas desenvolveranse no Campus de Pontevedra - Escola de Enxenaría Forestal e a Facultade CC Sociais e Comunicación-. E convidamos a todos a que podades visitar os stands e exposicións que alí se instalarán.
Un saludo
La Dirección