banner 00

Ed. Infantil y Primaria: Concurso de Calabazas

Hasta el 30 de octubre de 2017

Benqueridas familias:

Logo da masiva resposta no concurso das cabazas de Samaín celebrado o curso pasado, este ano repetimos a iniciativa. Este é un concurso no que somos conscientes que participa toda a familia e
onde a elaboración das calabazas é froito do traballo de nenas/os e adultos.

Os que queirades participar podedes achegar as vosas creacións ata o luns 30 de outubro.

Este ano entregaremos TRES premios, distribuídos nas seguintes categorías: Un para Infantil, outro para Primaria I (1º, 2º e 3º) e finalmente un premio para Primaria II.

Os premios entregaranse na festa que imos celebrar co gallo do Magosto o día 10 de novembro. As cabazas haberá que retiralas da exposición o día 2 de novembro.

O Xurado estará composto por unha profesora de Inglés de secundaria, un profesor de galego de secundaria, un membro do equipo directivo e unha/un nai/pai da Xunta da ANPA de Secundaria.

Animamosvos a que participedes cos vosos/as fillos/as, a que amosedes a vosa creatividade e orixinalidade.

Grazas por iren alén das aulas.

No Corazón de Xesús.

O Equipo Directivo