banner 00

Infantil e Primaria - Magosto 2018

9 de novembro de 2018

Ás familias de alumnos/as de Infantil e Primaria:

O vindeiro venres, 9 de novembro, celebraremos o tradicional magosto en horario lectivo e reservado soamente para o alumnado.

Ao igual que en anos anteriores, solicitamos a vosa colaboración aportando un puñado de castañas xa picadas (a modo de crowdfunding do magosto) para serem asadas ese día.

Os nenos e as nenas poderán vir difrazados de castañeiros/as, vellos/as… para a festa que imos celebrar esa tarde.

Un saúdo a todos/as

Dirección