banner 00

Concurso de Cabazas Samaín

Ata o luns, 29 de outubro de 2018

Benqueridas familias:

Logo da masiva resposta no concurso das cabazas de Samaín celebrado o curso pasado, este ano repetimos a iniciativa.

Este é un concurso no que somos conscientes que participa toda a familia e onde a elaboración das cabazas é froito do traballo de nenas/os e adultos. Os que queirades participar podedes achegar as vosas creacións ata o luns 29 de outubro.

Este ano entregaremos TRES premios, distribuídos nas seguintes categorías:

Un para Infantil, outro para Primaria I (1º, 2º e 3º) e finalmente un  premio para Primaria II. (4º, 5º e 6º)

Os premios entregaranse na festa que imos celebrar co gallo do Magosto o día 9 de novembro.
 
As cabazas haberá que retiralas da exposición o día 31 de novembro una vez finalizadas as clases de esa tarde.   O Xurado estará composto por unha profesora de Inglés de secundaria, un profesor de galego de secundaria, un membro do equipo directivo e unha/un nai/pai da Xunta da ANPA de Secundaria
 
Animamosvos a que participedes cos vosos/as fillos/as, a que amosedes a vosa creatividade e orixinalidade    
 
Grazas  
 
Un saúdo. No Corazón de Xesús,

O Equipo Directiv