banner 00

Formación Primeros Auxilios: atención a urgencias sanitarias

CFR de Pontevedra, 13 y 14 de abril

Benqueridas familias:

A Consellería de Educación ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.

Esta formación desenvolverase no CFR de Pontevedra sito na rúa Celso Emilio Ferreiro, 4 -na Xunqueira diante do pavillón- nas seguintes datas:

13 de abril, de 17:00 a 20:00
14 de abril, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00

Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Pontevedra 986872888 ata o día 23 de marzo. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.

Un saúdo

A Dirección